Catálogo del Salon d'Automne (Grand Palais Paris) en Sarria
FICHA TÉCNICA Fernando Xavier Blanco Álvarez Conselleiro de Innovación e Industria Ángela Bugallo Rodríguez Conselleira de Cultura e Deporte Xosé Luis Bará Torres Director Xeral de Turismo Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte Rubén Camilo Lois González Director Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria Ignacio Rodríguez Equibar Director Xerente Noël Coret Presidente del Salon d’Automne de París Antonio Domínguez Rey Presidente de Auliga José Díaz Fuentes Comisario de la Exposición Salon d’Automne
Artistas participantes en el Salon d'Automne (Grand Palais Paris) en Sarria 2007 ABRAM André AKAGI Kojiro ALAUX Jean-Pierre ALEJANDRINA ALESSI Francesca ALGAVA Anita ALIADIERE Dominique ALLAGNON Nadra ANDRAL Claude ANGEL-PERES ARNAUD Alain ARON Rémy ASILVA AZIK BARONI Monique BASU Madhu BESSER Chris BIRON Judy BLANC Christophe BOGDANOV Rumen BOHBOT Simon BOTEZ Alvaro CAILLAUD D’ANGERS Louis CARRERA Malena CAYOL Pierre CLEMENT Nathalie COLORETTI Ferdinando DEDIC Drago DEMAY Sylvie DESVILLES Jean DIAZ FUENTES José DURIVAULT Jacqueline | DUSKA ELKON Nicole ENGLERT Béatrice ESTEBAN Carlos EYCHART Pierre FABRE Françoise FREIXO Mercedes FRUGIER Françoise GIRARDON Agnès GORECKA Joanna GUIHÉNEUF Bruno HERAUD Dominique HERVIO André HUG Jean-Claude JOUANDON Christian JOUARY Guy JUGE Marie JURGILAITE Aiste JUTEAU Mireille KAÏNOU Nacéra KIM YUN Eun Kyung KOLLER Laurent LACROIX Gisèle LAMENTHE Jean-Jacques LANDRIEU Odile LAVIEVILLE Astrid LE BRICQUIR Danielle LE PRINCE Nadine LEVY Esti | LI Wen-Ts’ien LOEB Pierre LOILIER Hervé MACHADO-RICO Huguette MACHUS SEGADE MANASSÉ MANUCEAU Lucien MARRA Xosé MARTINE Martine MARTINEAU Karine MARTINE Martine MERCEDES Cabada MIDO BEGIC François MIEL Natalie MILLER Christine MINA VRILLET Anne-Marie MONTAGNANA Bernard MORONVAL Claire MYERS John NEUVILLE NOBLET William NORMIER Florence OELSCHLAEGER Solange ONO Yuichi PARIZOT Emmée PATEZ Henri PAZOT Brigitte PINCAS Moreno PINCAS Nili | POP-NEGRESTEANU Vasile PROIX Jean-Paul RIGAL Muriel RILLON Philippe RINGUEDE Nadine RIVAL Denis RODRIGUEZ RAMIREZ Germàn ROUGÉ Jean ROUSSEAU Jean-Paul SAGITTARIO Florence SAVATTIER Michel SEREIRROF FORRIERES Claude SEVERAC Catherine SIMON Laurence SLOBO SPENDER Chantal STAN Gabriel STEIL-MARCHAL Danièle SUZANNE Jean SVILEN BLAZHEV SZNAJDER Rose TAUPIN BOHBOT Michèle VELICU Petre VILLEGAS Monika WEIREY Chantal YEVA GOLDFARB BORGHUESE Eva ZABUKOVEC Jean ZENOBEL Jean-Pierre |
Diseño, maquetación y coordinación del catálogo José Díaz Fuentes Fotografía Salon d’Automne Impresión Artes Gráficas Lucenses Depósito Legal LU-241-2007 Portada X. Marra Desarrollo web y multimedia Jesús Quintana Fernández - www.quinti.net

A peregrinación a Santiago de Compostela constitúe xa un feito histórico vivo que aporta a Galiza e a todos os que a visitan riquezas culturais e experiencias únicas que trascenden as nosas fronteiras. Os Camiños de Santiago son os Camiños de Europa cara a meta do sepulcro do Apóstolo. A historia da cidade está relatada a través da súa arte e das súas costumes.
As manifestacións artísticas que se foron producindo ao longo dos séculos deixaron a súa pegada en Galiza e constitúen o seu patrimonio máis prezado. O Camiño de Santiago constitúe unha aportación fundamental para a cultura europea e alimenta o sentimento europeísta de todos aqueles que forman parte del nalgún momento da súa existencia.
Ademais das manifestacións culturais propias, Santiago e todas as vilas polas que atravesan os Camiños que conducen a Compostela recollen manifestacións artísticas e culturais de todo o mundo e convírtense, deste xeito, en anfitrións da cultura do noso tempo. O Salón de Outono de París celébrase dende hai máis dun século na capital francesa. Dende hai tres anos, a vila de Sarria, enclave fundamental do Camiño Francés a Santiago, acolle a itinerancia desta exposición internacional que trascende fronteiras a través da arte do noso tempo.
O Salón de Outono significou dende 1903 un revulsivo contra unha sociedade e unhas manifestacións artísticas aburgesadas. Artístas universais como Matisse ou Cézanne escribiron as páxinas máis importantes da súa historia tras a súa participación nesta mostra internacional. Co seu apoio a esta nova edición do salón na vila de Sarria, a Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria pretende achegar a Galiza a arte contemporánea. A mestura de artistas independentes e consagrados con artistas que comezan aquí a súa andaina fan desta iniciativa un proceso de enriquecemento cultural recíproco e frutífero que debe perdurar no tempo para o interese de todos os que podemos gozar con elas e para aqueles que dalgún xeito contribuímos a que sexa posible.
Rubén Camilo Lois González Director Xeral de Turismo
A ARTE QUE CAMIÑA CARA A NÓS
A Arte é unha posibilidade, unha esixencia, unha necesidade. A chamada da experiencia artística é un impulso, vivo e operante, para os humanos. Desde a aceptación ou o distanciamento, para os apocalípticos e os integrados. Esa atracción da Arte vai connosco. Pode ser completada, perfeccionada, educada, pero vai connosco.
E ás veces camiña cara a nós, sáenos ao encontro e interpela a nosa sensibilidade. Directamente, sen máis intermediación que a nosa capacidade de goce, de asombro, quizáis da nosa curiosidade, do noso afán por saber.
Vai xa para tres anos que Sarria conta co seu Salón de Outono, unha centenaria invención artística acuñada en París en 1903, que agora percorre o Camiño de Santiago da man do escultor, sarriano e residente na capital francesa, José Díaz Fuentes.
O Salón de Outono, que desde París chega a Sarria no verán, é unha porta aberta ao grande espazo da creación artística, un escenario que permite contemplar unha escolla da escolma dunha aposta nacida co século XX.
E ao abeiro das obras que resumen o espíritu do Salón parisiense, Sarria convértese cada verán, desde 2005, nun referente para creadores e críticos, nun foco de atracción para interesados e estudiosos e, o que resulta máis determinante, nun lugar de encontro da Arte, nun lugar de encontro da xente coa Arte. Por aí pasaron e han pasar xentes de vida máis ou menos sedentaria e camiñantes, viaxeiros, peregrinos. A todos se ofrece a posibilidade de ver, de interiorizar, de interpelar e interpelarse.
Propostas en materia de pintura, escultura, gravado, fotografía, etc., agardan novas miradas, quen de suscitar preguntas e mesmo a tentación das respostas. Ou apenas admiración, asombro ou rechazo. É a relación dialéctica suxerida polos resultados da creación artística. Algo que nos chama e que nos fala. Algo que nos desacouga. Todo pode pasar, pero o relevante é o feito de situármonos na eventualidade de facer real esa relación, sempre enriquecedora, a contrapartida do observador, da que falou Ernst Gombrich.
Que a cita sexa en Sarria, vila senlleira do Camiño de Santiago, no corazón das terras de Lugo, é unha magnífica oportunidade. Unha ocasión de abrir roteiros e impulsar novos pasos, tamén nas sendas da Arte, ao abeiro da milenaria ruta das estrelas.
Polo Camiño de Santiago chegaron moitas e importantes incitacións e realidades que axudaron a configurar Galicia, e Europa, e contribuíron á creación do noso imaxinario. Felizmente continúa ese fluxo que, a maiores, cada verán deixa en Sarria, en Galicia, reflexos e visualizacións dun universo artístico, hoxe baixo o signo da diversificación técnica e temática. Sempre na predisposición para o ejercicio e a aprendizaxe da liberdade.
A Arte, para ben, continúa transformando formas, miradas, conceptos e espazos.
O Camiño, tan ben representado pola vila que acolle o Salón de Outono, permanece aberto a todos os pasos, a todas as miradas.
O Camiño e a Arte van connosco.
Xosé María García Palmeiro Xornalista
Hace ya tres años las obras del tradicional Salón de Otoño, Grand Palais París, salían por primera vez de la capital francesa para mostrarse en España y lo hacían en Sarria. A través de esta exhibición de arte de diversos países europeos el pueblo lucense renacía como punto crucial del camino imaginario que une desde tiempos legendarios las culturas europeas con la capital gallega, Santiago de Compostela.
Después de dos exitosas experiencias, en el verano 2007 el Salón de Otoño trae este verano nuevamente una selección de obras de pintura, escultura, grabado, arte mural y fotografía de artistas de diferentes procedencias. Un año más esta exposición estará acompañada de diversos actos culturales de lectura poética, taller de teatro y veladas musicales.
El Salón de Otoño en Sarria se convierte de este modo en algo más que una excelente síntesis de la vanguardia que revive la actividad cultural de una villa durante el verano. Supone el resugir a través de diversas exposiciones del espíritu del Camino que hermanó durante años Galicia con el resto de Europa. Estos nuevos caminos culturales a través de propios artistas de la tierra reúnen al pueblo gallego con otros ámbitos europeos.
Además esta exposición simboliza el vínculo, la Galicia exterior, el vínculo del artista sarriano José Díaz Fuentes, afincado desde hace años en París y que a través de esta exposición celebrada anualmente permite conectar la vanguardia del arte internacional con la vanguardia de los artistas de su tierra.
Pero además de este camino cultural, la llegada del Salón a Sarria construye un camino de comunicación. En efecto, en él vuelven a ponerse en contacto las expresiones artísticas de pueblos diferentes que conllevan un acto de comunicación, de inmersión de Galicia en los ámbitos internacionales de la mano de los gallegos que viven fuera de las fronteras físicas de la comunidad autónoma.
Las obras que se expondrán el próximo verano en Sarria no sólo son una muestra sino símbolo de la comunicación entre dos realidades gallegas y de estas con el mundo simbolizada perfectamente por un vía de la que Sarria también tiene algo que contar y transmitir: el Camino de Santiago.
Confiamos en que este año el Salón de Otoño permita a los visitantes no sólo conocer una selección de grandes artistas europeos, sino consolidar la vía sociocultural marcada por el Camino de Santiago. Las obras, además de la opción de conocer la vanguardia del arte en diversos países debe ser símbolo de la comunicación entre los pueblos y, sobre todo, de Galicia con la cultura gallega que todavía se sigue desarrollando en el exterior a través de gallegos que viven fuera de las fronteras.
Berta García Orosa X Vicedecana Fac. Ciencias da Comunicación Universidade de Santiago de Compostela
Sarria dans les souffles du monde
Pour la troisième année consécutive, Sarria accueille dans ses murs l’exposition du Salon d’Automne de Paris. Cette nouvelle édition a lieu dans des conditions exceptionnelles. Elle est désormais placée sous la haute autorité de l’UNESCO dont la direction locale a été confiée à l’un des plus prestigieux artiste du Salon d’Automne, sociétaire et membre du Comité, le sculpteur José Diaz Fuentes.
Grâce au soutien très actif de José Antonio de Mesa, (Secretario General de la Comisión Nacional Española de Cooperación con la UNESCO), la vocation internationale du Salon d’Automne qui afficha à sa devanture les plus grands noms de l’art moderne venus d’Espagne (de Regoyos, Picasso, Dali, Gargallo, etc…) et des quatre coins de notre planète, est confortée et enrichie par la présence de plasticiens venus des pays d’Europe de l’Est.
Part indissociable de son éthique originelle basée à la fois sur la fraternité des artistes, source inépuisable de rapprochement entre les peuples, et sur la fraternité des arts, l’ « oecuménisme » artistique du Salon d’Automne s’affirme à Sarria de manière éclatante. Les valeurs intemporelles de l’identité culturelle européenne sont une nouvelle fois à l’honneur dans la diversité des expressions : les arts visuels (peinture, sculpture, gravure, photographie) épousent la musique et la poésie. Occasion inespérée, pour le public de Sarria -qu’il s’agisse de ses habitants, des touristes de passage ou des pèlerins sur la route de Saint-Jacques-de-Compostelle- d’aller à la rencontre d’autres cultures, de découvrir des oeuvres d’une richesse inépuisable, de vivre des émotions inoubliables…
Cet événement artistique majeur s’affirme aujourd’hui comme un événement incontournable des manifestations estivales de la Galice. Nous le devons, répétons-le, à tous les acteurs qui ont partagé l’enthousiasme et la volonté inébranlable de José Diaz Fuentes. Que la municipalité de Sarria, les communes environnantes, les responsables culturels de la Galice et de l’UNESCO reçoivent ici toute notre gratitude. Et puisque la poésie y fait entendre sa voix, n’oublions pas celle d’Aimé Césaire qui voyait dans la Diversité culturelleune « aire fraternelle de tous les souffles du monde ». Ces derniers n’ont-ils pas, depuis toujours, envahi les chemins de Saint-Jacques ?…
Noël Coret Ecrivain d’Art Président du Salon d’Automne -Paris-
C’est un très grand plaisir et un très grand honneur por “Montmartre en Europe” de pouvoir participer de manière active à cette nouvelle étape qu’est le 3eme Salon d’ Automne de Sarria, organisé excellement par son commissaire M. José Díaz Fuentes, avec le patronage du Salon d’Automne du Grand Palais de Paris. Nous nous réjouissons d’un échange prometteur pour l’avenir d’une part, et pour la première fois, nous y apportons la participation d’artistes montmartrois et européens, début d’une dimension internationale qui devrait, nous le pensons, grandir lors des Salons prochains. D’autre part, il nous permet de prende, à Sarria, une racine dans les Chemins de Compostelle qui, grâce à leurs ramifications européennes, seront, nous en sommes convaincus, la source d’un enrichissement culturel pour nos activités et pour nos partenaires étrangers. Un passé de coopérations, commencées depuis 2000 à Montmartre avec la Galice, et développées depuis une année est le gage de nos réussites communes à venir.
Jacques Mercier Président de Montmartre en Europe
SARRIA ENTRE SANTIAGO E PARÍS Podemos felicitarnos polo conseguido dende hai dous anos cando aquí mesmo, en Sarria, no verán do ano dous mil cinco, presentabamos o proxecto José Díaz Fuentes coa primeira mostra do Salón de Outono de Paris en Galicia o seu presidente Noël Coret mais a intervención do secretario xeral da UNESCO en España José Antonio de Mesa Basean e a orientación iberoamericana de AULIGA. Celebramos agora coa presenza da terceira mostra pictórica de París a realidade do Club UNESCO de Sarria e un dos obxectivos que AULIGA sinalou para Galicia dende a súa fundación en Santiago de Compostela no ano 1997, abrir contactos co mundo intelectual e cultural de Francia seguindo a ruta sinalada dende hai séculos pola historia do Camiño de Santiago.
Deste xeito, a Galicia do interior bota a semente dun futuro que a une á da costa e nun nó fundamental da vida histórica de Galicia e do norte de España, por ser Sarria paso e acougo de millieros de peregrinos que todos os anos atravesan estas rúas, ríos, vales e montes coa ilusión e esperanza de participaren no sentido da historia occidental e de vivir a emoción sempre nova dun encontro que o camiño abre dentro de nós sen decatármonos, un encontro de vida renovada.
Dámoslle tamén con isto outro significado á referencia histórica tradicional, vivida talvez ata agora máis como estampa turística ou viñeta do pasado que como participación comprometida do futuro que levamos dentro e esquecemos con feecuencia, esquecemento que se vira contra nós se non continuamos o horizonte que os devanceiros nos marcaron de forma natural, ao ritmo da vida concreta e ordinaria, levantando pontes, templos, cruceiros, festexando a vida e os costumes dos pobos con romaxes, cantos, bailes, a cultura popular que a lingua galega reflicte dende séculos ata o día de hoxe. Esta fervenza move o ánimo a encontrar a flor e espíritu do tempo sen rexeitar nada do creado, especialmente a lingua, e escoitando o misterio da arte, que é entender de modo menos interesado a vida, a súa mensaxe, que non detén o paso día a día, renovada sempre con xuventude que quere testemuñar o seu instante de existencia con sinais e obras aínda inéditas. Esta esperanza do home novo de que hai algo inédito nel polo feito de atoparse noutra vegada da vida é constante, profundo. Búscao a xuventude na música, no cambio momentáneo dalgúns costumes, na moda, na arte, na necesidade de orientacións diferentes por máis que rematen logo nos límites inamovibles do marco que circunda o cadro. Sempre hai unha cor que sobrancea sobre o fondo e brilla dentro dos que saben recibila, porque inaugura o tempo da contemplación, a outra mirada dos actos que vivimos.
Iso tráenos a vivencia do poema, da plástica, das ondas rítmicas, do ascenso da pedra nos monumentos, igrexas, o canto dos montes nas vilas, a fondura do íntimo e invisible dado á luz do público, do espazo común de existencia. Estes valores non se perden. Poden esconderse, afastarse incluso ante o instinto animal, pero nunca fenecen. Esperan agochados a voz, o iris, a man, o oído que saiba escoitalos, velos, tocalos, entendelos. Para isto é necesario a convivencia co mundo da creación. E actividades como as que propomos co Salón de Outono de París en Galicia, de ámbito comunitario internacional, cumplen este obxetivo.
A convivencia das artes, a reflexión crítica sobre as súas formas e a relación coa ciencia e técnica, co sentir relixioso, antropolóxico, o lazo e tono que o espacio e o tempo forman como ritmo co movemento da vida e a emoción que procura abren un horizonte diferente no modo ordinario de entendelas. A presencia entre nós do Salón de Outono de París permítenos adentrarnos na comprensión deste fenómeno estético partindo dunha nova poética concebida precisamente como coñecimento vivencial de ese ritmo diferenciado de existencia.
Parabéns e noraboa a Sarria por ter conseguido en dous anos esta xuntanza de vontades, propósitos e ilusións que prometen, e xa presentan, esta realidade de convivencia artística, intelectual, humana, especialmente dirixida á xuventude galega e internacional que, de paso para Santiago, colle forzas connosco nun recanto do camiño.
Antonio Domínguez Rey Presidente de AULIGA
A Xunta Directiva do Centro UNESCO de Sarria quere deixar mostra do seu agradecemento ó Salón de Outono de Le Grand Palais de París a celebración da terceira edición do en Sarria e a continuidade na celebración do mesmo, o que constitúe, sen dúbida, o evento mais importante que se celebra en Sarria e na comarca da que é cabeceira, e dos mais importantes do verán no ámbito cultural galego. Sabemos da excepcionalidade da celebración fora do Grand Palais e queremos corresponder co noso esforzo na organización.
Esta Exposición, e a organización de tódolos eventos que no seu redor se levan a cabo, é a primeira actividade que vai a afrontar o Centro UNESCO de Sarria dende a súa creación, e vai a ser o inicio de unhas actuacións dirixidas a cumprir os seus fins estatutarios, é dicir, promover todo tipo de manifestacións culturais, exposicións, conferencias, traballos de investigación, promover o Camiño de Santiago e a protección e promoción dos monumentos do seu entorno, etc. Pola situación da mostra nun marco excepcional como o Mosteiro da Madalena, serve para o goce dos sarrianos, dos visitantes e dos peregrinos que no seu percorrido do Camiño pasan por diante do Mosteiro.
Queremos tamén amosar o noso agradecemento ás Consellerías de Cultura da Xunta de Galicia e Consellería de Innovación e Industria, polo seu apoio económico e por a súa colaboración, á Asociación Auliga pola súa participación e os Padres Mercedarios do Mosteiro da Madalena por prestarnos o incomparábel marco para a Exposición.
A Xunta Directiva do Centro UNESCO de Sarria www.centrounescosarria.org
Francés Avec sa troisème édition, le Salon d´Automne de Paris affirme sa présence à Sarria, et par son prestige, contribue au rayonnement de notre ville. Les artistes eux-mêmes sont les premiers à faire connaître l´événement, parallèlement aux médias: radio, télévision, presse, internet qui lui consacrent de vastes espaces.
Dans le même mouvement, la Commission Espagnole de l´UNESCO, qui s´intéresse depuis longtemps à notre Galice intérieure, a créé le Club UNESCO de Sarria en avril dernier. Du fait de la présence de cette institution internationale culturelle, nouvelle dans la contrée, nous pourrons élargir la diffusión de cette manifestation, centrée sur les Arts Plastiques, et l´ouvrir encore plus à d´autres activités de création : théâtre, musique, architecture, etc. L´UNESCO peut en outre nous permettre de créer des liens avec d´autres pays d´Europe et d´Amérique Latine, par le biais des chemins de Saint- Jacques, premier itinéraire culturel européen, vaste réseau d´échanges à travers toute l´Europe jusque dans ses confins les plus éloignés. Actuellement, nous sommes en train de passer des accords aver « Montmartre en Europe », à Paris, et d´autres centres culturels de divers pays de l´Est, représentés dans le Salon par les oeuvres. 20 de leurs artistes : Roumanie, Hongrie, Lituanie…
- Que tous les artistes participants soient largement remerciés pour leur confiance et leur enthousiasme.
- Je tiens aussi à remercier chalereusement Les Pères du Couvent de la Merced de Sarria qui nous accueillent pour la deuxième fois avec autant de générosité.
- La Conseillerie de la Culture et la Conseillerie de l´Industrie à travers la Direction Générale du Tourisme ( Le « Xacobeo »).
- La Comission Espagnole de L´UNESCO qui nous a accordé ce Centre à Sarria.
- L´Association Auliga pour son amicale collaboration par un programme de conférences et de lectures poétiques.
- Tous les amis et proches qui ont uni leur énergie pour m´aider à mener à bin cette longue et pas toujours facile entreprise¡ Enfin, je voudrais ici rendre hommage au très bon travail qui a été fait par les illustre participants des « Rencontre sur les Chemins de St.Jacques, qui ont eu lieu en 1994 et 1995 à Sarria, travail qui peut nous servir d´exemple et de guide pour la construction de notre avenir culturel, social et humain dans les prochaines années.
Galego Coa terceira edición, o “Salon d´Automne de Paris” confirma a súa presenza en Sarria e, polo seu prestixio, contribúe a que a nosa vila destaque. Os mesmos artistas son os primeiros en espallar o acontecemento, e a eles engándense os medios de masas, como a radio,a televisión, a prensa e internet, que lle adican amplos espazos.
No mesmo movemento, a Comisión Española da UNESCO, que se interesa dende hai muito tempo pola Galicia interior, ven de crear o Club UNESCO de Sarria, no derradeiro mes de abril. A presenza da dita institución internacional e cultural, nova nestas terras, favorece que nós poidamos ampliar a difusión desta manifestación, centrada nas Artes Plásticas, e abrila aínda máis a outras actividades creativas: teatro, música, arquitectura, etc.
A UNESCO pode ademáis alentar a creación de vencellos con outros países de Europa e da América Latina, por medio do Camiño de Santiago, primeiro itinerario cultural europeo e ampla rede de intercambios o través de toda Europa, mesmo nos seus lindeiros máis afastados. Nestes intres, estamos establecendo acordos con “Monmartre en Europe”, en París, e con outros centros culturais de diferentes país do Leste, representados no “Salon” polas obras dos seus artistas: Rumanía, Hungría, Lituania... - Graciñas a tódolos artistas participantes pola súa confianza e polo seu entusiasmo. - Quixera tamén dar as grazas moi especialmente os Padres do Mosteiro da Mercede de Sarria, que nos acollen por segunda vez con tanta xenerosidade. - Á Consellería de Cultura e á Consellería de Industria o través da Dirección Xeral de Turismo ( Xacobeo) , pola súa axuda e o seu apoio. - Á Comisión Española da UNESCO, que nos concedeu este Centro en Sarria. - Á Asociación Auliga, pola súa amistosa colaboración por medio dun programa de conferencias e de lecturas poética. - A tódolos amigos e interesados, que uniron a súa enerxía para axudarme a levar a bon porte este longo e non sempre fácil traballo... En fin, quixera render homenaxe eiquí ó tan bon traballo feito polos ilustres partícipes nas “Rencontres sur les Chemins de Saint-Jacques”, encontros que tiveron lugar en Sarria, nos anos 1994 e 1995, e que poden servirnos de exemplo e de guía para a construcción do noso porvir cultural, social e humano nos vindeiros anos.
José Díaz Fuentes
ÍNDICE
1 - Escultura .......................................................................
2 - Pintura ...........................................................................
3 - Grabado .........................................................................
4 - Fotografía .......................................................................
5 - Arte Mural .....................................................................
PITUSA Tódalas noites, dende facía tres meses, Elsa vestíase de negro: pantalón axustado e chaqueta ampla de lá. Logo recollía os cabelos e mirábase no espello, para ver os seus ollos castaños, fondamente tristes, cada día máis grandes.
Cando se miraba así sabía que unha vez máis percorrería o túnel que a levaría á calma do mencer.
Collía o coche e dirixíase engorde hacia aquel barrio afastado e pouco iluminado. Sempre ía alí de noite. Aparcaba xusto detrás do muro vello, dende onde se podía ver a ventá. Logo agardaba, mentres vía a sombra de Luis, que paseaba pola habitación.
Elsa non tiña presa. Sabía que pouco despois a luz da ventá se apagaría e que Luis sairía á rúa á mesma hora.
Elsa encendía o motor o, coas luces apagadas, avanzaba despacio. Logo, cando estaba xa moi preto daquela fantasma, pisaba a fondo o acelerador. Luis voltábase de súpeto, sorprendido, trataba de botarse a un lado, pero Elsa siraba bruscamente o volante e esmagábao.
Elsa non tiña presa. Encendía un cigarro e aspiraba o fume mentres espiaba se alguén se acercaba a Luis. Un rato despois, baixaba do coche e corría cara aquel bulto tirado no chan: - “¿Querías escapar de mín, verdade?”, decíalle mentres o abrazaba.
Entón a noite sosegábase estranamente e nos oídos de Elsa só soaban aquelas tres sílabas máxicas: PI-TU-SA.
Pagaba a pena pasar polo túnel para chegar a aquel momento de paz, xa na mañanciña, cando Elsa espertaba e as súas mans estaban limpas.
Pero aquela noite, Luis non se afastou. Púxose xusto no medio. Elsa soubo que as rodas lle pasaran por riba. Uns metros máis aló freou pouco a pouco. Baixou do coche e viuno no chan. Abrazouno, como sempre, e chorou. Logo deixouno no chan pouquiño a pouco, coma se fose a facerse dano. Só entón oiu: “Gracias, pitusa”.
Elsa decatouse de que estaba na rúa. Soubo que aquela paz da mañanciña non voltaría. Comprendeu que Luis saíra só para atopala, coma tódalas noites dende facía tres meses, á mesma hora, só para poñerse xusto diante do seu coche e deixar que as rodas lle pasaran por riba e o estouparan.
Entón, mirouno de novo, con tenrura, e díxolle mui preto, ó oído: “Gracias a ti”.
Carme Fernández Díaz
O CAMIÑO DO MAR | CHEMIN DE LA MER | As terras estreladas que nos agardan máis alá, detrás da noite: po de astros que ilumina o ollo nevado do tempo. E esta fe na patria azul cando un labio de luz baixa do ceo e acende a lonxanía. O camiño é un pálpito de seivas e un silencio que soña a flor lenta das horas. Aquí descubrimos a perfecta soedade, no tránsito inclinado da sede, na paisaxe que anima as formas da esperanza, na nudez interior dunha cantiga que ten perfil de lúa e corazón de vento. Estamos no camiño como unha fráxil aventura do desexo. O alento vai medindo as sílabas do verso oculto da distancia, alí onde o corpo recoñece outra brisa, o desmaio da sombra, un fervor celeste no sangue. Cantos ollos abertos á espreita da áncora luminosa do ceo por estas terras que anuncian as raíces da chuvia. A soedade das árbores bebe a lentitude transparente dos días e medra un soño verde como un espello de auga para aliviar no tempo a cor escura dun país de nostalxias. Estamos no camiño máis fondal da memoria, no espacio que adiviña unha nova saúde de astros de alegría, láminas vivas de sol que queima a néboa, horizontal entrada de ar nesta paisaxe que ten a claridade, o centro que suspende a dirección do tempo, cando o camiño avanza corpo a corpo medrando como unha sede de arxila, vibrando no desexo máis azul do horizonte. O camiño é o futuro da luz, as terras estreladas que respiran na alba, as anchas praias que acenden a brancura, o froito luminoso do ceo caído subitamente no sangue cando o mar, o mar, aparece diante dos nosos ollos e sentimos aí todo o silencio do fin e do comezo do camiño da vida. | Les contrées étoilées qui nous attendent au loin, au-delà de la nuit: poussière d’étoile qui illumine l’oeil de neige du temps. Et cette foi en la patrie d’azur quand une lèvre de lumière descend du ciel et éclaire le lointain. Le chemin est une palpitation de sève et un silence qui rêve la fleur lente des heures. Nous y découvrons la parfaite solitude, dans le parcours fléchissant de la soif, dans le paysage qui donne vie aux formes de l’espoir, dans la nudité intérieure d’une chanson profil de lune et coeur de vent. Nous sommes sur le chemin comme dans une fragile aventure du désir. Notre souffle mesure les syllabes du vers secret de la distance, là où le corps reconnaît une autre brise, l’ombre évanouie, une ferveur céleste dans le sang. Tous ces yeux ouverts à l’affût de l’ancre lumineuse du ciel en ces contrées qui annoncent les racines de la pluie. La solitude des arbres boit la lenteur transparente des jours et un songe vert comme un miroir d’eau grandit pour soulager dans le temps l’obscure couleur d’un pays de nostalgies. Nous sommes sur le chemin le plus profond de la mémoire, dans l’espace qui devine une nouvelle vitalité d’astres de joie, lames vives soleil qui enflamme la brume, plane intrusion de l’air dans ce paysage de clarté, centre qui suspend le sens du temps, quand le chemin avance corps à corps s’étendant comme une soif d’argile, vibrant dans le désir d’azur absolu de l’horizon. Le chemin est l’avenir de la lumière, les contrées étoilées qui respirent à l’aube, les vastes plages qui éclairent la blancheur, le fruit lumineux du ciel effondré soudain dans le sang quand la mer, la mer, s’offre à nos yeux et nous ressentons alors tout le silence de la fin et du début du chemin de la vie. Tradución ao francés de François Davó |
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
ESCULTURA












|